Bases en galego

A data de finalización deste concurso modificouse até o 10 de agosto

O CONCURSO DESENVOLVERASE DACORDO ÁS SEGUINTES BASES:

I. PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS:

  • As fotografías dun mesmo autor/a deberán ser obligatoriamente publicadas na mesma conta de Instagram co hashtag correspondente e pertencer a este autor.
  • Cada autor deberá participar como mínimo con imaxes de 7 ubicacións distintas das 10 propostas. Sendo obrigatorio que nas imaxes presentadas finalmente haxa representación dos tres concellos.
  • Acéptanse imaxes obtidas con cámaras, teléfonos ou drones. Ademais poderán estar realizadas con calquera técnica (color, blanco e negro…).
  • As imaxes non poderán presentarse ou ter sido presentadas noutros concursos.
  • As ubicacións propostas estarán sinaladas no apartado correspondente ao concurso na nosa web www.motoclubacuruxa.com
    Non todas as ubicacións propostas son accesibles en moto. Este aspecto sinalarase tamén no apartado do concurso correspondente a cada ubicación.
  • Serán eliminadas do concurso todas as imaxes que supoñan unha agresión ao patrimonio cultural ou natural do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, reservándose a organización o dereito a tomar medidas legais.
  • Serán eliminadas todas as imaxes que supoñan infraccións das Leis de Tráfico vixentes ou calquera outra Lei.

II. TEMÁTICA
As imaxes deberán ter algún elemento relacionado co mundo das motos (a propia moto, luvas, casco, etc.)


III. PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS
As fotografías presentaranse na app de instagram de xeito público engadindo o hashtag #XeoTurismoMontañasDoCourel e o hashtag correspondente ao lugar fotografado.

É mellor etiquetar á nosa conta @acuruxa para asegurarse que vexamos todas as publicacións

IV. DATA DE PRESENTACIÓN
Participarán no concurso todas as imaxes que cumplan co establecido nestas bases publicadas en instagram entre o 1 de maio e o 30 de xullo. A organización comprobará que as imaxes foron sacadas e subidas á app neste período.

V. XURADO, FALLO E ENTREGA DE PREMIOS

  • O xurado estará composto por membros relacionados co xeoturismo na comarca.
  • O fallo faráse público a través das nosas contas de Facebook, Instagram e publicarase tamén na web www.motoclubacuruxa.com
  • Unha vez decididos os gañadores poñerémonos en contacto cos propietarios das contas de instagram por mensaxe directa a través da plataforma para que se identifiquen correctamente coa fin de outorgarlle o premio.
  • A entrega de premios efectuarase durante a VII Concentración do Moto Club A Curuxa que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de agosto de 2022. O día, lugar e hora serán publicados no cartel oficial definitivo da Concentración.

VI. PREMIOS

Os premios consistirán en:

1) Mellor fotógrafo/a do certame: valoraráse a calidade do conxunto das

fotografías presentadas. O ganador obterá a cantidade de 150€ aportados polo Moto Club A Curuxa.

2) Mellor fotografía:

  • Premio á mellor foto do Concello de Quiroga. Cena e estancia para dúas persoas en Quiroga.
  • Premio á mellor foto do Concello de Ribas de Sil. Cena e estancia para dúas persoas en Ribas de Sil.
  • Premio á mellor foto do Concello de Folgoso do Courel. Cena e estancia para dúas persoas en Folgoso do Courel.

VII. CONSENTIMENTO DE USO DAS IMAXES
Os participantes ao formar parte do concurso aceptan que as súas imaxes formen parte de exposicións fotográficas que realice o Moto club A Curuxa.
Pola súa parte o Moto Club comprométese a publicar o nome do autor xunto a imaxe seleccionada.