HISTORIA

O Moto Clube A Curuxa nace a finais do 2013 cando Óscar Gamallo decide xuntar a un grupo de amigos para asociarse e vivir máis profundamente o mundo da moto na zona. Xunto con Gonzalo Prieto, Iván Gómez, Arcángel Artime, Mauro López e Genín Vázquez formaron a primera directiva. A súa intención veuse amplamente respaldada pola xente da comarca e á iniciativa uníronse moitos socios e socias dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. En agosto de 2014 empezaron a escribir a súa historia e levaron a cabo a súa primeira concentración con gran éxito.

portadafaceprueba

Máis tarde Mauro e Genín foron substituídos por Belén Maseda, Nuria López e Javier Arias ata 2018. Actualmente a nova directiva, con Miguel Garrido á cabeza, enfróntase con ilusión aos novos retos. Veremos que nos depara esta aventura.

(Máis info sobre a nova directiva)